Os barrios de A Milagrosa e Feijoo, en Lugo, son declarados Áreas de Rehabilitación Integral | Observatorio de Vivenda

Os barrios de A Milagrosa e Feijoo, en Lugo, son declarados Áreas de Rehabilitación Integral

Os barrios de A Milagrosa e Feijoo, en Lugo, son declarados Áreas de Rehabilitación Integral

A Xunta declarou Área de Rehabilitación Integral (ARI) os barrios da Milagrosa e Feijoo, en Lugo, un ámbito que abrangue máis de 4.000 vivendas distribuídas en 27 rúas. Con esta incorporación, a cidade conta xa con tres áreas de rehabilitación integral, xunto co conxunto histórico e o barrio do Sagrado Corazón. A nova declaración permitirá ao Concello acceder ás axudas do Plan Estatal de Vivenda para impulsar actuacións de rehabilitación residencial e mellora do espazo urbano.

As intervencións previstas inclúen obras en vivendas unifamiliares e edificios plurifamiliares, como a instalación de ascensores, a renovación de fachadas, a mellora do illamento térmico e dos sistemas de ventilación. Tamén se contemplan actuacións en espazos públicos para reforzar a accesibilidade, incrementar a arborización e renovar a iluminación por sistemas máis eficientes. As axudas poderán convocarse unha vez entre en vigor o Plan Estatal de Vivenda 2026-2030, dotado en Galicia con 399 millóns de euros, dos que a Xunta achegará o 40 % e o Ministerio de Vivenda o 50 %.

Fonte.- La Voz de Galicia