Os compradores internacionais elevan ao 15,98% o seu peso no mercado da vivenda español, segundo Sonneil | Observatorio de Vivenda

Os compradores internacionais elevan ao 15,98% o seu peso no mercado da vivenda español, segundo Sonneil

Os compradores internacionais elevan ao 15,98% o seu peso no mercado da vivenda español, segundo Sonneil

A compra de vivenda por parte de estranxeiros aumentou arredor dun 11% en España, segundo a análise de Sonneil sobre os datos do Colexio de Rexistradores. Os compradores internacionais realizaron máis de 26.800 operacións e alcanzaron o 15,98% do total das compravendas, a maior proporción rexistrada na serie histórica. Este avance produciuse nun contexto no que o conxunto do mercado reduciu un 2,3% as operacións, ata as 167.934, mentres as adquisicións realizadas por compradores españois retrocederon preto dun 4%.

A demanda internacional ten un peso especialmente relevante nos principais destinos costeiros. En Alicante, os compradores estranxeiros realizaron 5.710 adquisicións e representaron o 46,43% das compravendas da provincia, mentres que en Málaga protagonizaron 3.474 operacións, un incremento do 20,79%, ata alcanzar o 37,01% do mercado provincial. O crecemento das compras estranxeiras está impulsado principalmente por residentes que adquiren primeira vivenda, con aumentos destacados entre compradores procedentes de Romanía, Marrocos e países de Sudamérica.

Fonte.- Idealista