Os españois precisan 7,5 anos de soldo íntegro para comprar unha vivenda | Observatorio de Vivenda

Os españois precisan 7,5 anos de soldo íntegro para comprar unha vivenda

Os españois precisan 7,5 anos de soldo íntegro para comprar unha vivenda

Os informes da recta final do ano sobre o mercado inmobiliario seguen reflictindo que, pese á ralentización no ritmo de crecemento, os prezos continúan subindo, polo que non se pode dicir que a pandemia facilitou o acceso á vivenda nova para os futuros compradores. De feito, e segundo a Sociedade de Tasación, os españois aínda precisan 7,5 anos de soldo íntegro para comprar unha vivenda.

Como en todo, os prezos neste mercado tamén van por barrios e, segundo o informe, Cataluña (3.983 €/m2), a Comunidade de Madrid (3.673 €/m2) e o País Vasco (2.755 €/m2) son as autonomías onde existe o prezo máis elevado por metro cadrado construido. No outro lado da táboa aparecen Extremadura (1.206 €/m2), Murcia (1.263 €/m2) e Castela-La Mancha (1.440 €/m2), que se consolidaron durante todo o pasado ano como as comunidades que presentan prezos de vivenda nova máis baixos, segundo os datos recopilados no informe.

Así, o Índice de Esforzo Inmobiliario, que mide ese número de anos de soldo íntegro que un ciudadán medio necesita destinar para a compra dunha vivenda de tipo medio, situouse en 7,5 anos a peche do cuarto trimestre de 2020.

En base a isto, Baleares posiciónase como a autonomía onde máis anos se necesitan para acceder a unha vivenda (16,5), dúas décimas máis que fai un ano. Polo contrario está La Rioja, onde o acceso á vivenda require de 4,5 anos de salario íntegro, catro décimas menos que fai un ano.

Fonte | El Español