Os fogares compartidos crecen un 34% en Galicia nos últimos dous anos, segundo a enquisa estrutural a fogares do IGE | Observatorio de Vivenda

Os fogares compartidos crecen un 34% en Galicia nos últimos dous anos, segundo a enquisa estrutural a fogares do IGE

Os fogares compartidos crecen un 34% en Galicia nos últimos dous anos, segundo a enquisa estrutural a fogares do IGE

Nos últimos dous anos medrou con forza en Galicia o número de fogares nos que conviven persoas adultas sen relación de parella nin familiar directa, pero que comparten vivenda e gastos. Este tipo de fogar superou por primeira vez a cifra dos 30.000, cun incremento de máis do 34% desde 2022, mentres que o total de fogares apenas aumentou un 3%. O fenómeno está estreitamente ligado ao encarecemento dos alugueiros, que medran por riba dos salarios, unha tendencia común en España e en Europa, pero que en Galicia resulta máis intensa pola combinación de envellecemento da poboación e dispersión territorial. A provincia da Coruña lidera este crecemento, seguida de Pontevedra, mentres que Lugo e Ourense rexistran aumentos máis moderados, aínda que tamén significativos.

A expansión destes fogares concéntrase principalmente nas cidades e concellos de máis de 50.000 habitantes, onde inflúen factores como a mobilidade laboral, os estudos, a inmigración e a dificultade de acceder a unha vivenda en solitario. Con todo, tamén ten un peso relevante no medio rural, especialmente en municipios pequenos, onde responde a dinámicas estruturais como a soidade das persoas maiores, o aumento da esperanza de vida e a redución do número de fillos. 

Fonte.- Faro de Vigo