Os franceses lideran a compra de vivendas de luxo na Costa Brava | Observatorio de Vivenda

Os franceses lideran a compra de vivendas de luxo na Costa Brava

Os franceses lideran a compra de vivendas de luxo na Costa Brava

A Costa Brava desperta un gran atractivo no mercado inmobiliario tanto a nivel nacional como internacional. Así, a demanda francesa incrementouse considerablemente na zona e, segundo datos da inmobiliaria de luxo Barnes, actualmente os franceses acaparan o 50% das compras de vivendas de luxo da zona.

Os compradores buscan vivendas con elementos exteriores coma terrazas ou zonas comunitarias. O teletraballo tamén cambiou as preferencias na localización, pois moitos franceses que viven en grandes cidades deciden adquirir vivendas localizadas na Costa Brava para mellorar a súa calidade de vida.

No segmento residencial premium todo apunta a que a curto e medio prazo os prezos seguirán subindo paulatinamente nas residencias da Costa Brava. 

 

 

Fonte | Idealista