Os pisos turísticos en Santiago dificultan o acceso á vivenda

Os pisos turísticos en Santiago dificultan o acceso á vivenda

Tal e como calificou o alcalde de Santiago, a existencia duns mil pisos turísticos en réxime irregular estase convertendo nun problema para a cidade. A falta de oferta destinada aos estudantes ou incluso a familias está provocando que estes colectivos teñan que desprazarse ao arrabalde da cidade, lonxe do centro e cuns prezos en constante crecemento. Dende o Goberno local están a traballar nunha normativa para regular os pisos turísticos e reclaman un estricto control para a actividade, pois a un mes do comezo do curso, aínda estudantes non puideron acceder a unha vivenda.

Fonte.- La Voz de Galicia