Os prezos da vivenda en Reino Unido aumentan segundo diminúe a incerteza

Os prezos da vivenda en Reino Unido aumentan segundo diminúe a incerteza

De acordo con Rightmove, o portal web inmobiliario máis grande no Reino Unido, o prezo medio das vivendas do mercado inmobiliario creceu un 2,3 % no último mes, o cambio máis grande polo menos dende 2002, ano no que xurdiu este portal. No referente ás transaccións inmobiliarias, creceron un 7,5 % interanual nos 30 días posteriores ás eleccións.

Para o portal, a incerteza é un determinante fundamental no mercado de vivenda.

Fonte| The Guardian