Os prezos da vivenda superan os 750.000 euros en sete municipios portugueses, segundo Imovirtual | Observatorio de Vivenda

Os prezos da vivenda superan os 750.000 euros en sete municipios portugueses, segundo Imovirtual

Os prezos da vivenda superan os 750.000 euros en sete municipios portugueses, segundo Imovirtual

O mercado residencial portugués presenta importantes diferenzas entre municipios, con sete localidades nas que o prezo medio de venda alcanza ou supera os 750.000 euros, segundo o Barómetro Municipal de Imovirtual. Cascais sitúase á cabeza cunha media de 1,3 millóns de euros, seguido de Grândola, con 1,1 millóns, e Calheta, en Madeira, con 920.000 euros. Tamén superan ou igualan os 750.000 euros Castro Marim (860.000 euros), Loulé (779.000), Oeiras (750.000) e São Brás de Alportel (750.000), mentres que Lisboa alcanza os 720.000 euros e Sines os 670.000.

No extremo contrario, Vila Velha de Ródão presenta o prezo medio máis baixo, con 49.000 euros, seguida de Pampilhosa da Serra (56.250 euros), Vinhais (57.000) e Proença-a-Nova (67.500 euros). Entre os municipios máis accesibles tamén figuran Castelo Branco, Baião, Guarda, Bragança, Portalegre e Beja, todos con medias inferiores a 210.000 euros.

Fonte.- The Portugal News