Os proxectos de rehabilitación integral de vivendas rexistran o maior volume desde 2010 en Galicia

Os proxectos de rehabilitación integral de vivendas rexistran o maior volume desde 2010 en Galicia

O prezo do diñeiro atópase no seu pico desde 2008, a 4,25%, xusto antes do estalido da recesión financeira global. Isto leva provocando a caída constante da concesión de créditos para a compra de pisos e casas, víronse reducidas as operacións de compravenda en Galicia, no últimos seis meses, desde decembro do 2022 a maio deste ano, o que acumula un descenso de préstamos de case o 20%.

En Galicia rexístrase a solicitude de permisos municipais de construción para 3.360 vivendas en 2022, un 3,5% menos que no exercicio anterior. Este ano, a baixada do número dos proxectos supera o 11%, segundo o balance do primeiro cuatrimetres publicado recentemente polo Ministerio de Transportes, Movilidad e Axenda Urbana.

Mentres que a redución céntrase nas vivendas de nova planta, que se reduciron un 7,4% o ano pasado e un 17,4% entre xaneiro e marzo de 2023 (-762), as rehabilitacións, pola súa banda, seguen á alza en Galicia, rexistrando en 2022 un total de 634, un aumento do 20% en 2022 e do 25% no primeiro cuadrimestre deste ano, o maior volume desde 2010.

Fonte.- Faro de Vigo