Os proxectos de rehabilitación superan aos de nova construción na área de Vigo

Os proxectos de rehabilitación superan aos de nova construción na área de Vigo

O Colexio Oficial de Arquitectura Técnica de Pontevedra (Coatpo) certifica que o volume de expedientes de rehabilitacións supón o 57,4% do total, mentres que os expedientes de obra nova son o 42,59% no primeiro semestre de 2023.

Na primeira metade do ano rexistráronse na cidade olívica e a súa área de influencia un 10,39% menos de expedientes de dirección de obra nova.

Aínda que a rehabilitación tamén se atope á baixa, supón un nicho de mercado que axuda ao sector para sobrevivir. No último trimestre, as rehabilitacións chegaron ao 67% do total na cidade.

Fonte.- Faro de Vigo