Pamplona modifica o Plan Municipal para impulsar un novo desenvolvemento residencial con 5.000 vivendas | Observatorio de Vivenda

Pamplona modifica o Plan Municipal para impulsar un novo desenvolvemento residencial con 5.000 vivendas

Pamplona modifica o Plan Municipal para impulsar un novo desenvolvemento residencial con 5.000 vivendas

O Concello de Pamplona aprobou por unanimidade a modificación do Plan Municipal que permite o desenvolvemento de Donapea, un novo barrio situado ao sur da cidade no que se proxecta a construción duns 5.000 fogares. A metade das vivendas contará con algún réxime de protección pública, cun peso destacado da vivenda de protección oficial e da vivenda protexida de prezo taxado, incluíndo unha parte destinada a alugueiro accesible. A actuación abrangue unha superficie superior aos 700.000 metros cadrados e fixa os criterios básicos de edificabilidade e organización urbana, á espera da validación definitiva por parte do Goberno de Navarra.

O proxecto prevé dous espazos públicos centrais en forma de prazas e un eixo principal de mobilidade sostible, con prioridade para peóns, bicicletas e transporte público, así como conexións soterradas para mellorar a permeabilidade urbana. Ademais, aposta pola interconexión de zonas verdes e pola relación coa contorna periurbana. Unha vez aprobada esta modificación estrutural, será necesaria a elaboración dun plan parcial que concrete o deseño detallado do novo barrio.

Fonte.- Idealista