A pandemia frea a suba do alugueiro en España

A pandemia frea a suba do alugueiro en España

A pandemia de coronavirus que azota España dende fai case un ano sacudiu o mercado da vivenda en alugueiro e freou as fortes subas que rexistraban algunhas zonas dende fai anos, provocando caídas xeralizadas que están sendo máis apreciables en Madrid, Barcelona ou as illas.

Así, o 2021 estreouse con descensos en prácticamente todo o territorio nacional: segundo os datos de xaneiro, Idealista sostén que o prezo dos alugueiros caiu un 0,9% en taxa intermensual, un 0,1% en taxa interanual e un 3,2% trimestral. Así, cífrase en aproximadamente 10,5 e 11 euros o prezo do metro cadrado da vivenda en alugueiro.

Fronte aos prezos que se rexistraban en xaneiro de 2020, Fotocasa indica que as maiores caídas dánse no arranque de 2021 en Baleares (8,8%), Comunidade de Madrid (7,5%) e Cataluña (5,2%), precisamente onde máis solían subir e que se viron fortemente golpeadas pola pandemia e a parálise do turismo.

Fonte | El Economista