A patronal cifra en 153 as vivendas nas cales podería limitarse o prezo do alugueiro en Vigo

A patronal cifra en 153 as vivendas nas cales podería limitarse o prezo do alugueiro en Vigo

A Asociación de Empresas Inmobiliarias de Vigo (Asemi) e a Federación Galega de Empresas Inmobiliarias (Fegein) cifran en 153 as propiedades en arrendamento que se poderían beneficiar da medida recollida na lei de vivenda sobre a limitación de prezos do alugueiro en zonas tensionadas. O presidente de ambas entidades, Benito Iglesias, destaca que sería únicamente o 0,5% das casas e pisos de Vigo as que pertencen a grandes tedores. Segundo a lei, a medida de limitación do alugueiro pode aplicarse a vivendas con propietarios deste tipo, que teñan 10 ou máis vivendas en propiedade. 

A expectativa da patronal sobre esta medida é que o efecto sobre os prezos de alugueiro sería mínimo, mentres que o prexuízo á oferta de vivendas sería máximo, debido a que moitos propietarios de vivenda habitual retirarían estas vivendas do mercado para derivalas ao alugueiro vacacional. Deste modo, a cifra de vivendas de uso turístico aumentaría das 1.700 actuais aproximadamente, a máis de 2.000 no terceiro cuadrimestre, acompañando a un descenso do 5% nas vivendas en alugueiro. Dende estas institucións proponse a mobilidade das vivendas baleiras, as cales son máis de 15.000 actualmente, como medida necesaria. 

Fonte.- Faro de Vigo