Pontevedra incorporará 248 novas vivendas privadas ao mercado residencial | Observatorio de Vivenda

Pontevedra incorporará 248 novas vivendas privadas ao mercado residencial

Pontevedra incorporará 248 novas vivendas privadas ao mercado residencial

A cidade de Pontevedra poderá sumar 248 vivendas de promoción privada mediante a construción de dous novos bloques situados entre as rúas Eduardo Pondal e Doce de Novembro. Os proxectos contemplan un edificio con 137 vivendas e outro con 111, desenvolvidos en sectores con 30.104 e 32.400 metros cadrados edificables. A maior parte dos pisos contará con dous dormitorios.

As promocións incluirán arredor de 225 prazas de garaxe en cada bloque e piscina comunitaria, cunha altura de catro plantas cara ás rúas Barreiriñas e seis cara ás rúas Teixoeira e Doce de Novembro. O investimento previsto ascende a 20 millóns de euros e o Concello considera que a incorporación destas vivendas pode contribuír a ampliar a oferta residencial e a reducir a presión existente no mercado da vivenda.

Fonte.- Cadena Ser