Portugal lidera o incremento no prezo da vivenda no último ano, segundo datos de Eurostat | Observatorio de Vivenda

Portugal lidera o incremento no prezo da vivenda no último ano, segundo datos de Eurostat

Portugal lidera o incremento no prezo da vivenda no último ano, segundo datos de Eurostat

Portugal encabeza o aumento do prezo da vivenda na Unión Europea, cun incremento do 17,2 % no último ano, segundo os datos de Eurostat. Ségueno Bulgaria, Hungría, Croacia e España, que rexistrou unha subida do 12,8 % no segundo trimestre en comparación cos doce meses anteriores, máis do dobre do promedio da eurozona (5,1 %) e do conxunto dos Vinte e Sete (5,4 %). En contraposición, Finlandia é o único país que experimentou unha baixada (-1,3 %), mentres que Francia, Italia e Alemaña amosan repuntes moito máis contidos, por debaixo do 4 %.

A nivel trimestral, a tendencia mantense: Portugal volve liderar as subas, cun 4,7 % máis no prezo das vivendas entre abril e xuño, seguido de Luxemburgo, Croacia e España, que se sitúa no cuarto posto cun incremento do 4 %. Estes datos consolidan unha dinámica de forte encarecemento na periferia europea fronte á estabilidade dalgúns dos grandes mercados centrais, o que evidencia un crecemento desigual e unha presión crecente sobre o acceso á vivenda no sur e leste do continente.

Fonte.- Idealista