Portugal mobilízase contra a crise da vivenda con manifestacións e protestas | Observatorio de Vivenda

Portugal mobilízase contra a crise da vivenda con manifestacións e protestas

Portugal mobilízase contra a crise da vivenda con manifestacións e protestas

Os portugueses manifestáronse esta fin de semana esixindo solucións á clase política ante o problema de inaccesibilidade dos mozos á vivenda. As marchas reflicten o crecente descontento coa crise de vivenda en Portugal, marcada polo aumento dos prezos das casas e os custos do alugueiro. A orixe do problema inclúe a escaseza de vivenda social e alcanzable, a chegada de estranxeiros ricos atraídos por beneficios fiscais, e o impacto do turismo que promove alugueres de curta duración en detrimento de os alugueiros a longo prazo para os residentes. 

A resposta do Goberno luso foi a elaboración un paquete de 2.000 millóns de euros para construír 33 mil casas ata o ano 2030. Foi recibida con escepticismo, xa que moitos cren que o Executivo está máis comprometido co sector inmobiliario que coas familias. Os manifestantes salientan a necesidade urxente de políticas que prioricen a vivenda alcanzable e que garantan un teito digno para todos.

O movemento Porta a Porta, entre outras organizacións, ven a crise actual de vivenda como un problema estrutural, e as estatísticas sinalan aumentos significativos nos prezos dos alugueiros nas vivendas nos últimos anos. Portugal, sendo un dos países máis pobres de Europa Occidental, enfronta desafíos estruturais, especialmente coa maioría dos traballadores gañando salarios baixos, o que agrava aínda máis o problema da vivenda.

Fonte.- Euronews