As principais taxadoras prevén máis subidas do prezo da vivenda nos próximos meses | Observatorio de Vivenda

As principais taxadoras prevén máis subidas do prezo da vivenda nos próximos meses

As principais taxadoras prevén máis subidas do prezo da vivenda nos próximos meses

Nos últimos informes publicados pola Sociedade de Taxación a Tasadora Tinsa, infórmase de que no conxunto de España espéranse máis subidas no prezo da vivenda nos próximos meses, sumado ao incremento dun 3% acontecido no verán. Ambas compañías afirman que os prezos medios da vivenda, tanto nova como usada, mantivéronse á alza no terceiro trimestre. 

Sociedade de Taxación sitúa o prezo medio do m2 a peche de setembro en 1.903 euros, un incremento en comparación aos 1.887 euros en xuño, tras rexistrar unha variación anual do + 3,6% unha variación semestral do + 1,9%. Unha tendencia que se mantería ata final de ano e que podería elevar o prezo medio ata os 1.918 euros/m2, aproximadamente. 

Tinsa, pola súa banda, tamén constata unha subida do prezo medio da vivenda nova e usada de máis do 3% no terceiro trimestre. No seu caso, a información ofrecida sinala que o prezo se situaría nos 1.804 euros/m2, cunha alza trimestral do 1,3% e interanual do 3,1%. O informe indica que se trata dun ritmo de crecemento "acorde coa inflación", e revela "certo dinamismo" nos prezos, fronte á estabilización de trimestres anteriores. 

Fonte.- Idealista