A procura de vivendas de obra nova dispárase un 37% tras o confinamento | Observatorio de Vivenda

A procura de vivendas de obra nova dispárase un 37% tras o confinamento

A procura de vivendas de obra nova dispárase un 37% tras o confinamento

A pandemia do coronavirus disparou o interese pola vivenda de obra nova, sobre todo nas provincias de Madrid, Barcelona, Valencia e Málaga. De feito, as visitas aos anuncios de idealista de chalets e pisos de recente construcción nestas localizacións aumentaron un 36,8% entre maio e outubro de 2020, con respecto ao mesmo período de 2019, segundo datos de Idealista. No balance dos 10 primeiros meses, a alza interanual alcanza o 40%. 

Neste sentido, cabe destacar o gran interese que despertou a vivenda de obra nova en xullo (máximos do ano), con respecto ao mesmo mes de 2019 (mínimos do ano) nas provincias de Madrid, Barcelona, Málaga e Valencia. De feito, neste caso o aumento alcanzou o 48%. Tomando como referencia este período de tempo e desgranado por localizacións destacan as subas do 51% en Barcelona e do 45% en Valencia. Un incremento do interese produciuse a pesar do aumento do prezo dos inmobles novos dispoñibles: 232.000 euros de media durante os 10 primeiros meses de 2019, fronte aos 260.000 ata o pasado mes de outubro.

Por tipoloxía de vivenda destaca a vivenda unifamiliar por encima dos pisos. As visitas a anuncios de chalets de obra nova en idealista ubicados nestas catro provincias experimentaron un aumento do 40% interanual durante os 10 primeiros meses de este exercicio, fronte ao 26% que repuntan as visitas a anuncios de pisos novos. 

Fonte | Idealista