Programa de avais para a adquisición de vivenda | Observatorio de Vivenda

Programa de avais para a adquisición de vivenda

Programa de avais para a adquisición de vivenda

O Programa de avais para adquisición de vivenda ten por obxecto prestar unha cobertura temporal e financeira, de carácter persoal, para a adquisición da primeira vivenda por aquelas persoas, que na data de presentar a correspondente solicitude teñan menos de trinta e seis anos. O límite de idade non será de aplicación no caso de tratarse da adquisición dunha vivenda cualificada definitivamente como vivenda de protección autonómica de réxime xeral, especial ou concertado.

Para ser persoa beneficiaria, cómpre ter nacionalidade española, dalgún Estado membro da Unión Europea ou autorización de estancia ou residencia en España, estar empadroada en Galicia e, con carácter xeral, ser maior de idade e menor de 36 anos, agás no caso da adquisición dunha vivenda protexida, no que non se aplica este límite de idade. Así mesmo, deberán cumprirse determinados requisitos económicos, cun mínimo de ingresos de 2 veces o IPREM e un máximo de 5,5 veces o IPREM (ou ata 6,5 veces no caso de adquisición conxunta), tomando como referencia os datos fiscais do último período impositivo vencido e o IPREM vixente na data da solicitude.

A vivenda deberá contar coa cualificación definitiva como vivenda de protección autonómica de réxime xeral, especial ou concertado na data de presentación da solicitude, e o seu prezo máximo de adquisición será o establecido na devandita cualificación definitiva. Así mesmo, ás persoas solicitantes e demais adquirentes non lles será aplicable o límite de idade de 36 anos, sempre que sexan adquirentes ou adxudicatarias dunha vivenda protexida e acrediten o cumprimento dos requisitos de acceso establecidos na normativa reguladora, incluídos os relativos aos ingresos.

O prazo para presentar solicitudes remata o 30 de outubro de 2026, e, en todo caso, no momento de esgotamento do importe máximo de avais a conceder no ano 2026, que se fixa en cinco millóns de euros.

Diario Oficial de Galicia

Máis información