Programa de axudas de rehabilitación de edificacións e vivendas públicas de titularidade municipal | Observatorio de Vivenda

Programa de axudas de rehabilitación de edificacións e vivendas públicas de titularidade municipal

Programa de axudas de rehabilitación de edificacións e vivendas públicas de titularidade municipal

Subvencións están dirixidas a prestar apoio aos concellos de Galicia de menos de 30.000 habitantes para que poidan rehabilitar edificacións e vivendas da súa titularidade.

As actuacións subvencionables son

1- Obras de rehabilitación e/ou ampliación de edificacións e vivendas de titularidade municipal

2- Obras dirixidas ao cambio de uso de edificións para o seu destino a vivenda

A subvención ten fixada unha contía de ata o 95% do orzamento protexido das obras, cun límite de 65.000 euros por edifición ou vivenda. 

O prazo de presentación de solicitudes termina o 3 de xullo de 2026. 

Diario Oficial de Galicia

Máis información