Programa de axudas de rehabilitación de vivendas no rural | Observatorio de Vivenda

Programa de axudas de rehabilitación de vivendas no rural

Programa de axudas de rehabilitación de vivendas no rural

Subvencións están dirixidas a prestar apoio ao financiamento ás obras de rehabilitación, terminación e/ou ampliación que se realicen en vivendas sitas en concellos da Comunidade Autónoma de Galicia de menos de 5.000 habitantes, así como ás actuacións dirixidas ao cambio de uso de locais e entreplantas situados nos mesmos, para destinalos a residencia habitual e permanente das persoas propietarias e/ou usufrutuarias ou a alugueiro.

As actuacións subvencionables son

1- Obras de rehabilitación, terminación e/ou amplicación de vivendas

2- Actuacións dirixidas ao cambio de uso de locais e entreplantas para destinalos a vivenda

A subvención ten fixada unha contía de ata o 75% do orzamento protexido das obras, cun límite de 30.000 euros por vivenda. 

O prazo de presentación de solicitudes remata o 1 de setembro de 2026

Diario Oficial de Galicia

Máis información