Programa de oferta de solo de titularidade das entidades locais para a construción de vivenda protexida | Observatorio de Vivenda

Programa de oferta de solo de titularidade das entidades locais para a construción de vivenda protexida

Programa de oferta de solo de titularidade das entidades locais para a construción de vivenda protexida

Nova ferramenta que a Xunta pon a disposición dos concellos e deputacións para facilitar que poidan ofertar, mediante concurso público, as parcelas da súa titularidade para a construción de vivendas protexidas na comunidade.

Esta nova iniciativa da Xunta que se ofrece das entidades locais que desexen adherirse, xestionarase a través da firma dun convenio co Instituto Galego de Vivenda e Solo (IGVS), que dará soporte aos concellos en todo o proceso. O obxectivo é mellorar a capacidade das administracións locais para fomentar a construción de vivendas de protección autonómica (VPA), tanto en réxime de alugueiro como de venda.

O prazo para solicitar a sinatura do convenio de colaboración co IGVS permanecerá aberto indefinidamente.

Diario Oficial de Galicia

Máis información