Programa Fogar Vivo | Observatorio de Vivenda

Programa Fogar Vivo

Programa Fogar Vivo

A Xunta de Galicia pon en marcha o Programa Fogar Vivo, que unifica os anteriores programas de mobilización de vivendas baleiras para o alugamento, co obxectivo de facilitar o acceso a unha vivenda digna e a prezos accesibles.

O programa conta con dúas seccións:
– A Sección I, xestionada polo IGVS, en colaboración con axentes inmobiliarios e administradores de fincas, e que inclúe axudas para acondicionar as vivendas.
– A Sección II, xestionada polos concellos colaboradores, á que se poden incorporar vivendas mobilizadas en programas anteriores ou novas vivendas.

As persoas propietarias ou usufrutuarias que incorporen os seus inmobles ao programa poderán acceder a axudas directas e beneficiarse de bonificacións fiscais autonómicas, sempre que ofrezan a vivenda en alugueiro con rendas accesibles.

Folleto resumo.- Programa Fogar Vivo

Diario Oficial de Galicia