A promoción de 58 vivendas públicas nos Rosales contará cun investimento superior aos 11 millóns de euros | Observatorio de Vivenda

A promoción de 58 vivendas públicas nos Rosales contará cun investimento superior aos 11 millóns de euros

A promoción de 58 vivendas públicas nos Rosales contará cun investimento superior aos 11 millóns de euros

A Xunta de Galicia autorizou a próxima licitación das obras de construción de 58 vivendas de promoción pública no barrio dos Rosales, na Coruña, nunha parcela cedida polo Concello. O investimento total supera os 11 millóns de euros, dos cales 10,64 millóns corresponden á execución das obras e máis de 472.000 euros á redacción dos proxectos e á dirección da obra. O edificio terá unha superficie construída de 8.951,40 metros cadrados e incluirá 29 vivendas de dous dormitorios, 22 de tres e sete de catro, ademais de espazos comúns, rochos e dúas plantas de garaxe.

O inmoble distribuirase en sete plantas residenciais, unha planta baixa de acceso e unha planta baixo cuberta destinada aos rochos, ademais dun soto para garaxes e instalacións. A organización en catro portais, cada un con ascensor e escaleira, permitirá que todas as vivendas teñan dobre orientación. A actuación forma parte da colaboración entre a Xunta e os concellos para ampliar a oferta de vivenda pública e do obxectivo autonómico de duplicar o parque residencial público ao remate de 2028. Na Coruña, o Goberno galego está a desenvolver un total de 1.048 vivendas, incluídas as do programa Rexurbe.

Fonte.- El Ideal Gallego