As protestas polo acceso á vivenda mobilizan a miles de persoas en todo o territorio estatal | Observatorio de Vivenda

As protestas polo acceso á vivenda mobilizan a miles de persoas en todo o territorio estatal

As protestas polo acceso á vivenda mobilizan a miles de persoas en todo o territorio estatal

Decenas de miles de persoas participaron o día 11 de novembro en manifestacións en distintas cidades españolas para reclamar solucións aos problemas de acceso á vivenda. As mobilizacións máis numerosas tiveron lugar en Madrid e Barcelona, aínda que tamén destacaron as convocatorias celebradas en Galicia, especialmente en Vigo e A Coruña. Segundo os datos de participación, en Madrid concentráronse 120.000 persoas, segundo a Delegación do Goberno, mentres que o Sindicato de Inquilinas elevou a asistencia ata as 750.000 persoas. As protestas situaron a vivenda como principal reivindicación, con demandas relacionadas co encarecemento dos alugueiros, as dificultades para acceder a un inmoble e a falta de posibilidades de emancipación, especialmente entre a poboación nova.

As mobilizacións estiveron impulsadas, entre outras organizacións, polo Sindicato de Inquilinas, que experimentou un aumento das súas afiliacións, pasando de aproximadamente 4.000 persoas a 10.000 tras o desafiuzamento dunha muller de 87 anos, que actuou como detonante das protestas. Os participantes denunciaron o peso dos custos residenciais sobre os ingresos: un dos manifestantes explicou que percibe 1.800 euros mensuais e destina 800 ao alugueiro dunha habitación nun piso compartido, o que dificulta tanto o aforro como o acceso á compra dunha vivenda.

Fonte.- El País