A regulación do alugueiro en Cataluña reduce un 10% a oferta de pisos en seis meses

A regulación do alugueiro en Cataluña reduce un 10% a oferta de pisos en seis meses

O parlamento catalán aprobou o pasado 9 de setembro o proxecto de lei para regular e controlar o prezo do aluguer en Barcelona e outras 60 localidades da comunidade e en apenas medio ano, xa son evidentes as primeiras consecuencias: nunha comparativa entre Barcelona e Madrid, a cidade catalá reduciu a oferta de pisos en alugueiro de maneira significativa (-10,2%) desde setembro, mentres que en Madrid o stock incrementouse nun 1,7%, segundo os datos dos anuncios publicados en Idealista.

Ampliando a análise aos 61 municipios nos que se pode aplicar un límite aos alugueiros da vivenda principal dos inquilinos, pódese observar que os efectos da regulación son maiores que na cidade de Barcelona. O stock de casas en alugueiro descendeu case un 12% nos municipios regulados, mentres que se o comparamos cun mercado semellante por volume de vivendas como o da Comunidade de Madrid, o portal mostra que na rexión madrileña o stock aumentou até un 2%.

Polo lado de os prezos baixaron máis en Madrid que en Barcelona. 

Fonte | El Español