As reservas de vivendas turísticas na costa tocan mínimos históricos 

As reservas de vivendas turísticas na costa tocan mínimos históricos 

Segundo os datos de Rentalia, o portal de alugueiro vacacional de idealista, están reservados 77 de cada 100 aloxamentos de praia para o mes de agosto, fronte ao 88% do ano pasado. Trátase do nivel máis baixo dende que o portal empezou a recopilar datos en 2008. Ata agora, a ocupación nunca baixara do 83%. 

Non obstante, nalgunhas zonas do norte están ocupada máis do 84% das vivendas turísticas costeiras. Os destinos favoritos este ano son Asturias, cunha ocupación do 93%, Cantabria, co 89,1%, A Coruña, co 85,3% e Lanzarote co 84,6%. A illa canaria é a única que mellora as súas cifras de ocupación respecto ao ano pasado, cun incremento de 16 puntos porcentuales. 

Este ano moitos viaxeros están mudando o seu destino de costa por un aloxamento rural e a búsqueda de vivendas, costeras ou de interior, que teñan piscina privada. 

 

Fonte | idealista