Rueda avalía co Colexio de Rexistradores vías de colaboración en materias como a vivenda e territorio | Observatorio de Vivenda

Rueda avalía co Colexio de Rexistradores vías de colaboración en materias como a vivenda e territorio

Rueda avalía co Colexio de Rexistradores vías de colaboración en materias como a vivenda e territorio

O presidente da Xunta, Alfonso Rueda, mantivo esta semana un encontro co novo decano autonómico do Colexio de Rexistradores, Sebastián Camacho, no que se avaliaron vías de colaboración entre estes profesionais e a Administración autonómica en materia de vivenda e ordenación do territorio, entre outros ámbitos.

Na xuntanza, na que tamén participou o conselleiro de Facenda e Administración Pública, Miguel Corgos, e outros representantes dos rexistradores, púxose de relevo o importante esforzo que está a realizar a Xunta en materia de vivenda. Así, no 2028 Galicia duplicará o seu parque público residencial -as 4.000 novas vivendas comprometidas xa están marcha-, e estase a desenvolver solo residencial para poder edificar 25.000 vivendas, das que 20.000 serán protexidas.

Segundo se indicou na reunión, as bases de datos coas que contan os rexistros poden ser tamén de gran utilidade en eidos como as emerxencias, en relación con zonas afectadas por incendios forestais, inundacións ou outros riscos naturais, con posibilidade de incorporar advertencias ou información preventiva vinculada ás parcelas.

No encontro os representantes dos rexistradores tamén ofreceron a súa cooperación para axudar a identificar aos propietarios de fincas para a limpeza das franxas secundarias e mellorar a transmisión de información e coordinación na fase previa da concentración parcelaria.

Fonte.- Xunta de Galicia