Santiago de Compostela rexistrou un aumento do 26,3 % en licenzas de obra concedidas no ano 2024 | Observatorio de Vivenda

Santiago de Compostela rexistrou un aumento do 26,3 % en licenzas de obra concedidas no ano 2024

Santiago de Compostela rexistrou un aumento do 26,3 % en licenzas de obra concedidas no ano 2024

O número de licenzas de obra concedidas en Santiago experimentou en 2024 un incremento do 26,3 % con respecto ao ano anterior, segundo os datos do Instituto Galego de Estatística (IGE). En total, outorgáronse 173 permisos, fronte aos 137 de 2023, o que consolida a capital galega como a segunda cidade de Galicia con máis licenzas concedidas, por detrás de Vigo, que lidera a lista con 218. Lugo ocupou o terceiro posto cun total de 147 licenzas, mentres que A Coruña e Ourense concederon 101, Ferrol 94 e Pontevedra quedou á cola con só 25 permisos ao longo do ano.

En canto á distribución mensual, o mes de xullo destacou como o de maior actividade en Compostela, con 34 licenzas concedidas. Ségueno decembro, maio e outubro, con 20, 19 e 19 permisos respectivamente. A tendencia ascendente é clara se se compara co ritmo de concesión de anos anteriores: en 2023 outorgáronse sete licenzas máis ca en 2022, cun reparto máis irregular ao longo dos meses, destacando outubro e decembro. Estes datos confirman o impulso que vive a actividade urbanística na cidade nos últimos dous anos.

Fonte.- El Correo Gallego