Sanxenxo é o municipio máis caro para a compra dunha vivenda

Sanxenxo é o municipio máis caro para a compra dunha vivenda

Segundo o portal "Idealista", o municipio de Sanxenxo é o que presenta os prezos máis altos para a adquisición dunha vivenda en Galicia. Concretamente, unha media de 2.083 euros por metro cadrado. O prezo, sen embargo, sitúase entre os máis económicos en comparación co resto de municipios máis caros das demais Comunidades Autónomas. No primeiro lugar atópase a illa de Formentera, onde o metro cadrado ascende a nada menos que 7.401 euros, sendo máis do triplo do prezo do municipio galego. Mentres que, no outro extremo, Badajoz é o municipio máis caro, da Comunidade de Extremadura, cun prezo máis económico, 1.171 euros o metro cadrado.

Fonte.- Faro de Vigo