A Secretaría de Vivenda de Reino Unido anuncia medidas e fondos para loitar contra condicións inxustas na vivenda de alugueiro

A Secretaría de Vivenda de Reino Unido anuncia medidas e fondos para loitar contra condicións inxustas na vivenda de alugueiro

Máis de 100 corporacións inglesas reciben dende esta semana máis de 4 millóns de libras de orzamento para eliminar prácticas abusivas por parte dos arrendadores. 

Estes novos orzamentos será empregado polos councils para reforzar accións contra aqueles arrendadores que poidan estar alugando vivendas que non respecten as condicións mínimas esixidas así como para informar aos arrendatarios dos seus dereitos.

Este fondo axuda a continuar a liña de acción comezada polo goberno para facer máis xusto o sector da vivenda privada de alugueiro e eliminar as prácticas abusivas para sempre. 

Fonte| Goberno do Reino Unido