Segundo Fotocasa, os prezos de alugueiro en Canarias elévase preto dun 11% interanual en febreiro

Segundo Fotocasa, os prezos de alugueiro en Canarias elévase preto dun 11% interanual en febreiro

O prezo da vivenda en alugueiro nas Illas Canarias aumenta un 10,8% en febreiro en relación ao mesmo mes de 2023, e sitúase en 12,91€/m2, segundo os datos do Índice Inmobiliario Fotocasa. En canto ao dato mensual, o prezo aumentou un 0,8% en relación a xaneiro. No conxunto nacional, o prezo aumentou un 7,3% interanual, situándose o prezo en 12,27€/m2, e na súa variación mensual, fíxoo nun 4,2%. A directora de estudos e portavoz de Fotocasa alertou de que dende que se teñen rexistros no índice inmobiliario no ano 2006, o coste do alugueiro nunca superou os 12€/m2. 

En tódalas comunidades aumentou o prezo en febreiro, e, en particular, foron 8 comunidades nas que o aumentou superou o 10%: A Rioxa (15,2 %), Madrid (15 %), Baleares (14,4 %), Comunidade Valenciana (13,9 %), Cantabria (12,8 %), Asturias (11,3 %), Canarias (10,8 %) e Castela-A Mancha (10,0 %). Fotocasa destacou que nove comunidades superan os prezos máximos do alugueiro por metro cadrado ao mes en febreiro, concretamente, Extremadura con 6,67 euros, Castela e León (8,64 euros), Galicia (8,88 euros), Asturias (9,56 euros), Andalucía (10,35 euros), Valencia (11,73 euros), Cataluña (16,45 euros), Baleares (17,19 euros) e Madrid con 18,29 euros.

As comunidades que alcanzan un maior prezo son Madrid e Baleares, con 18,29 euros por metro cadrado ao mes e 17,19 euros, respectivamente. O resto das comunidades que superan os 10€/m2 son: Cataluña con 16,45 euros, País Vasco (15,26 euros), Canarias (12,91 euros), Cantabria (12,01 euros), e Valencia (11,73 euros).

Fonte.- Tiempo de Canarias