Segundo a inmobiliaria Round Robin, as poxas de vivendas subirán un 17% neste 2022 | Observatorio de Vivenda

Segundo a inmobiliaria Round Robin, as poxas de vivendas subirán un 17% neste 2022

Segundo a inmobiliaria Round Robin, as poxas de vivendas subirán un 17% neste 2022

As poxas de vivendas subirán este ano un 17% ata alcanzar as 15.000, segundo un informe de Round Robin Investimentos. Isto débese a que o próximo ano levaranse a cabo tódalas transaccións que se interrumpiron pola pandemia, o denominado "atasco Covid". Pola paralización que sufriron os xulgados, tal e como destaca o informe da firma especializada na compra e xestión de activos inmobiliarios mediante poxas en España.

En 2020 produciuse un importante descenso no número de execucións hipotecarias e poxas. As execucións de inmobles de persoas xurídicas caeron máis dun 50% respecto a 2019, pasando de 20.106 a 9.456; mentres que as poxas de vivendas totais descenderon nun 23%. Para contextualizar estas cifras, segundo estimacións de Round Robin, un 33% das execucións hipotecarias de vivendas desembocan en poxas xudiciais.

O denominado "atasco Covid" xa comezou a resolverse no segundo trimestre de 2021, onde se rexistraron 5.887 execucións hipotecarias de vivendas (253,2% máis que no mesmo período do exercicio anterior). O número de poxas, alcadou en 2021 as 12.819 poxas, fronte ás 10.442 de 2020. Seguirán á alza segundo sinalan dende a firma, gran parte da situación normalizarase durante este ano, con todo, en 2023 aínda se verán os últimos efectos do impacto do Covid na operativa dos xulgados.

Fonte | El Economista