
As operacións de compravenda de vivenda en España pecharon 2022 cun crecemento interanual do 14,5% segundo os datos da Estadística Registral Inmobiliaria do Colexio de Rexistradores ata chegar ás 646.241, das que 531.589 foron de inmobles de segunda man, cun crecemento do 17,5 fronte a 2021, e 114.652 de obra nova cun crecemento do 1,9%.
En canto ao prezo medio das vivendas, foi de 188.036 euros, unha alza do 4,5% sendo Baleares a comunidade máis cara, cun prezo medio de 346.499 €, seguida de Madrid con 310.127€, País Vasco con 242.782 euros e Cataluña que marcou un valor medio de 221.162 € fronte ás máis baratas que foron, cunha media de 86.677 euros, Estremadura , seguida por Castela A Mancha con 96.513 euros, e Murcia cunha media de 109.000 euros.
Fonte.- Europa Press