A sinatura de hipotecas creceu un 8,9% en xaneiro en Galicia

A sinatura de hipotecas creceu un 8,9% en xaneiro en Galicia

Trala política alcista establecida polo BCE sobre os tipos de interese de referencia, o interese promedio aumentou ata o 3,46%, mentres que un ano atrás, en xaneiro de 2023, situábase no 2,64%. Este crecemento non reduciu a sinatura de hipotecas que, polo contrario, aumentou un 8,9% interanual no mes de xaneiro, segundo os datos do Instituto Nacional de Estatística (INE). O caso de Galicia é contraposto á tendencia estatal, xa que no último ano a nivel nacional produciuse un descenso medio do 10,3% neste apartado. 

A nivel nacional, a sinatura de hipotecas leva 12 meses consecutivos de caídas, a pesar de que en xaneiro o descenso parece suavizarse, pasando dun descenso do 17% en decembro ao 10,3% en xaneiro. En xaneiro asináronse 1.895 hipotecas sobre o total de fincas, un 10,3% máis, cun importe de 191 millóns de euros, mentras que rexistráronse un total de 1.412 hipotecas sobre vivendas, cun importe de 151,5 millóns de euros. 

As únicas comunidades nas que se rexistraron incrementos foron Madrid, cun aumento do 13,2%, Aragón, do 5,9%, e o caso xa comentado de Galicia. As zonas nas que se asinaron máis hipotecas en términos absolutos foron Madrid con 6.167 operacións deste tipo; seguida de Andalucía, con 6.062; e Cataluña, con 5.927. Aquelas nas que máis descenderon as hipotecas asinadas foron Asturias, cunha caída interanual do 30,6%, seguida por Navarra (22,6%), Cantabria (20,6%), Andalucía (20,5%), Murcia (18,2 %) e Extremadura (17,8 %).

Fonte.- La Voz de Galicia