As vendas de vivendas de luxo crecen un 23% en España no primeiro semestre, segundo a inmobiliaria Lucas Fox | Observatorio de Vivenda

As vendas de vivendas de luxo crecen un 23% en España no primeiro semestre, segundo a inmobiliaria Lucas Fox

As vendas de vivendas de luxo crecen un 23% en España no primeiro semestre, segundo a inmobiliaria Lucas Fox

Segundo datos da inmobiliaria Lucas Fox, especializada en viviendas de luxo, as vendas de propiedades superiores aos 2,5 millóns de euros aumentaron un 23,5% durante a primeira metade de 2025 respecto ao mesmo período do ano anterior. A empresa destaca que o sector mostra unha gran vitalidade a pesar da escaseza de oferta, situando a España como un referente europeo grazas aos prezos competitivos, a calidade de vida, a cultura e a seguridade. As zonas con maior concentración deste tipo de inmobles son Málaga, Mallorca, Madrid e Barcelona, onde predominan as vivendas con localización privilexiada, deseño exclusivo, amplos espazos e criterios de sustentabilidade cada vez máis valorados polos compradores.

O perfil comprador é maioritariamente internacional (67%), con predominio de alemáns, franceses, británicos, holandeses e estadounidenses en Málaga e Mallorca, mentres que en Madrid destacan os latinoamericanos, e en Barcelona, compradores de Francia, Italia e o Reino Unido. As villas representan o 62% das operacións, seguidas dos áticos (24%) e apartamentos exclusivos (14%). Ademais, medra o interese polas “branded residences”, vivendas vinculadas a marcas hoteleiras de luxo como Four Seasons, Mandarin Oriental ou Marriott, que poden revalorizarse ata un 30% máis que outras propiedades sen marca. España prevé triplicar este tipo de proxectos, pasando de 13 a 38 nos próximos anos, con Marbella e Madrid como principais centros desta nova tendencia inmobiliaria.

Fonte.- Idealista