Vigo constitúe a súa Empresa Municipal de Vivenda cun capital de 8,6 millóns de euros e con dous primeiros proxectos residenciais | Observatorio de Vivenda

Vigo constitúe a súa Empresa Municipal de Vivenda cun capital de 8,6 millóns de euros e con dous primeiros proxectos residenciais

Vigo constitúe a súa Empresa Municipal de Vivenda cun capital de 8,6 millóns de euros e con dous primeiros proxectos residenciais

A Xunta de Goberno Local de Vigo aprobou a escritura de constitución da Empresa Municipal de Vivenda (EMVigo), unha sociedade dotada cun capital de 8,6 millóns de euros e financiada integramente con fondos municipais. O novo organismo terá como funcións a urbanización, promoción e construción de vivenda protexida a prezos taxados, así como a xestión de alugueiros. A súa actividade inicial centrarase en dous proxectos: a promoción de 200 vivendas protexidas en Santa Cristina de Lavadores e a xestión doutras 27 en Esturáns, cuxa construción xa foi adxudicada.

A promoción de Santa Cristina de Lavadores desenvolverase nun ámbito de máis de 12.000 metros cadrados, no que tamén se prevén zonas verdes e equipamentos públicos. Pola súa banda, o edificio de Esturáns contará con nove plantas, 27 vivendas protexidas, 39 prazas de garaxe e rochos. Ademais, EMVigo poderá participar en futuras actuacións residenciais e de rehabilitación, así como na xestión do programa municipal de alugueiro destinado a incorporar vivendas baleiras ao mercado a prezos accesibles.

Fonte.- El Español