Vitoria impulsa a conversión de locais en vivendas protexidas e prevé crear 1.200 novas unidades residenciais | Observatorio de Vivenda

Vitoria impulsa a conversión de locais en vivendas protexidas e prevé crear 1.200 novas unidades residenciais

Vitoria impulsa a conversión de locais en vivendas protexidas e prevé crear 1.200 novas unidades residenciais

O Concello de Vitoria aprobará unha nova ordenanza que permitirá transformar máis de 1.000 locais comerciais situados en planta baixa en vivendas ou vivendas-obradoiro. As novas vivendas deberán destinarse exclusivamente a residencia habitual e permanente, quedando prohibido o seu uso como segunda residencia ou para outros fins. Os locais deberán contar con polo menos sete anos desde a obtención da licenza de primeira ocupación e pasarán a ter a consideración de vivenda protexida de forma permanente para evitar operacións especulativas.

O prezo máximo destas vivendas corresponderá ao da vivenda protexida de réxime xeral, con importes que irán desde os 109.000 euros para unha vivenda de 45 metros cadrados útiles ata os 198.806 euros para outra de 90 metros cadrados. Ademais, o Concello e o Goberno vasco preparan un convenio para impulsar 1.200 novas unidades residenciais entre vivendas e aloxamentos dotacionais en Zabalgana, Lakua, Ibaiondo, Salburua e Abetxuko, incluíndo por primeira vez parcelas destinadas a aloxamentos dotacionais en réxime de alugueiro temporal para favorecer a emancipación.

Fonte.- Idealista