As vivendas turísticas en Galicia descenden un 22,6% no último ano, segundo datos do INE | Observatorio de Vivenda

As vivendas turísticas en Galicia descenden un 22,6% no último ano, segundo datos do INE

As vivendas turísticas en Galicia descenden un 22,6% no último ano, segundo datos do INE

O número de vivendas de uso turístico en Galicia reduciuse un 22,6 % nun ano, ata situarse en 15.236, de acordo cos datos publicados polo Instituto Nacional de Estatística (INE). As prazas asociadas a este tipo de aloxamentos tamén experimentaron un descenso do 23,14 %, ao pasar de 104.386 a 80.227. No conxunto estatal, o retroceso foi do 12,4 %, cun total de 329.764 pisos turísticos. En comparación co rexistro anterior, que contabilizaba 381.837 apartamentos, a diminución acumulada acada o 13,6 %. Estas vivendas representan o 1,24 % do parque total, por baixo do 1,43 % e do 1,41 % anotados en anteriores balances.

Por comunidades autónomas, Andalucía encabeza a oferta con 91.757 apartamentos, cun incremento do 1,2 %. Séguenlle Canarias, con 49.676 (-3 %), Comunidade Valenciana, con 48.411 (-25 %), e Cataluña, con 46.915 (-11 %). Por debaixo das 20.000 unidades sitúanse Baleares (19.398 e -19,8 %), Galicia (15.236 e -22,5 %) e Madrid (15.309 e -26 %). No total estatal, as prazas en vivendas turísticas acadaron 1,62 millóns, fronte ás 1,89 millóns anteriores, o que supón unha caída do 14 %, mentres que a media de prazas por vivenda baixou de 5,04 a 4,93. No marco regulador, están rexistradas 412.253 solicitudes de alugueiro de curta duración, das que o 78 % corresponden a uso turístico. Ademais, foron detectadas 86.275 vivendas turísticas e temporais sen autorización, ás que se instou a retirar os anuncios por incumprir os requisitos establecidos.

Fonte.- msn