A Xunta aborda co Banco Santander vías de colaboración para o financiamento da promoción de vivenda protexida, no marco da estratexia de desenvolvemento de solo residencial | Observatorio de Vivenda

A Xunta aborda co Banco Santander vías de colaboración para o financiamento da promoción de vivenda protexida, no marco da estratexia de desenvolvemento de solo residencial

A Xunta aborda co Banco Santander vías de colaboración para o financiamento da promoción de vivenda protexida, no marco da estratexia de desenvolvemento de solo residencial

A Xunta aborda co Banco Santander vías de cooperación para o financiamento da promoción de vivenda protexida, no marco da Estratexia de desenvolvemento de solo residencial que está a levar a cabo a administración autonómica.

A conselleira de Vivenda e Planificación de Infraestruturas, María Martínez Allegue, xunto co secretario xeral de Vivenda e Urbanismo, Heriberto García Porto, mantivo hoxe un encontro de traballo cos directores de Negocio Promotor Santander España e de Instituciones Santander Galicia: Javier Piñeiro e  Luis Pernas, respectivamente. Tamén estiveron as responsables de Negocio Inmobiliario Promotor Santander España, Mª Teresa Gutierrez; de Negocio Promotor Santander Galicia, Carlota Vidal; e  Analista de Riesgos, Negocios y Promotor, Jessica Barro.

A Xunta ten en marcha a estratexia para o desenvolvemento de solo residencial para o impulso de 25.000 vivendas na comunidade, das que 20.000 serán protexidas.

Fonte.- Xunta de Galicia