A Xunta adxudica a obra de construción de 250 vivendas de promoción pública con técnicas industrializadas en Xuxán, na Coruña | Observatorio de Vivenda

A Xunta adxudica a obra de construción de 250 vivendas de promoción pública con técnicas industrializadas en Xuxán, na Coruña

A Xunta adxudica a obra de construción de 250 vivendas de promoción pública con técnicas industrializadas en Xuxán, na Coruña

O consello de administración da Sociedade de Vivenda Pública de Galicia (Vipugal) vén de autorizar a adxudicación do contrato para a construción de 250 vivendas de promoción pública na parcela Z-44 de Xuxán (A Coruña). A conselleira de Vivenda e Planificación de Infraestruturas, María Martínez Allegue, xunto co secretario xeral de Vivenda e Urbanismo, Heriberto García Porto, presidiu a reunión do consello de administración de Vipugal.

A empresa adxudicataria do contrato encargarase da redacción do proxecto, a dirección de obra e a execución dos traballos de construción das vivendas. Trátase da firma Constructora San José, S.A. a encargada da execución das obras, nas que obrigatoriamente deberán empregarse técnicas industrializadas.

O contrato licitouse por importe de 51.581.729,67 euros e adxudícase por 47.960.692,25 euros.

A parcela na que se construirán as vivendas é propiedade da Xunta e inicialmente estaba previsto o seu destino para oficinas, pero a modificación do PXOM da Coruña a instancias da Xunta cambiou o uso a vivendas, dado que a demanda de oficinas na zona é inexistente.

Actualmente a Xunta desenvolven un total de 1.061 vivendas de promoción pública no concello da Coruña.

Fonte.- Xunta de Galicia