A Xunta adxudica por máis de 4,7 M€ as obras de construción de 28 vivendas de promoción pública no concello da Estrada | Observatorio de Vivenda

A Xunta adxudica por máis de 4,7 M€ as obras de construción de 28 vivendas de promoción pública no concello da Estrada

A Xunta adxudica por máis de 4,7 M€ as obras de construción de 28 vivendas de promoción pública no concello da Estrada

O consello de administración da Sociedade de Vivenda Pública de Galicia (Vipugal) autorizou hoxe a adxudicación do contrato para a construción de 28 novas vivendas de promoción pública na Estrada.

O consello de administración autoriza a adxudicación deste contratos para a construción dun inmoble de 28 vivenda na parcela VC-4 do PP SUD R06, situada na avenida de Vigo, cedida polo Concello.

A empresa adxudicataria do contrato será Copcisa, S.A. por importe de 4.702.776,59 euros.

O edificio, construirase segundo o proxecto redactado por UTE Garitaonaindía-Amenedo e adxudicado por 205.666,63 euros, e disporá de 14 vivendas  de dous dormitorios, 11 de tres dormitorios e tres de cadro dormitorios segundo o seguinte cadro:

Número dormitorios

Número vivendas

2

12

2 adaptada

2

3

11

4

3

TOTAL

28

Fonte.- Xunta de Galicia