A Xunta adxudica a redacción do proxecto e dirección de obra para a construción de 12 vivendas de promoción pública en Baiona | Observatorio de Vivenda

A Xunta adxudica a redacción do proxecto e dirección de obra para a construción de 12 vivendas de promoción pública en Baiona

A Xunta adxudica a redacción do proxecto e dirección de obra para a construción de 12 vivendas de promoción pública en Baiona

A Xunta de Galicia adxudicará o contrato para a redacción do proxecto e dirección de obra para a construción de 12 vivendas de promoción pública en Baiona, tal como acordou hoxe o consello de administración de Vipugal.

O contrato será adxudicado á oferta presentada por Manuel Pallas Rodríguez por importe de 95.153,15 euros.

As 12 vivendas previstas serán construídas nunha parcela cedida polo concello de Baiona, emprazada na parcela J do Polígono UE nº3 do PERI 3, cunha superficie de 871 metros cadrados.

Esta licitación enmarcase no compromiso da Xunta de duplicar o parque de vivenda pública no período 2024-2028 para chegar ás 8.000 vivendas pública e a previsión do Pacto de Vivenda de Galicia 2026-2030 de chegar a 10.000 vivendas públicas no ano 2030.

Fonte.- Xunta de Galicia