A Xunta aproba a lista definitiva dos adxudicatarios de 36 vivendas en alugueiro accesible en Lamas de Abade, no concello de Santiago | Observatorio de Vivenda

A Xunta aproba a lista definitiva dos adxudicatarios de 36 vivendas en alugueiro accesible en Lamas de Abade, no concello de Santiago

A Xunta aproba a lista definitiva dos adxudicatarios de 36 vivendas en alugueiro accesible en Lamas de Abade, no concello de Santiago

A Consellería de Vivenda e Planificación de Infraestruturas, a través do Instituto Galego de Vivenda e Solo (IGVS), vén de aprobar a lista definitiva dos adxudicatarios de 36 vivendas de promoción pública (VPP) en alugueiro accesible en Santiago de Compostela.

Trátase dos dous inmobles promovidos pola situados no barrio de Lamas de Abade, un se corresponde co edificio de 24 vivendas localizado na rúa Virxe Branca s/n, e o outro é o inmoble de 12 vivendas, situado na rúa Constantino Limia Nogueira s/n.

En concreto, das 24 vivendas situadas na rúa Virxe Branca s/n, un total de 9 foron adxudicadas en alugueiro accesible  a menores de 36 anos e unha, adaptada, a persoa con mobilidade reducida. No caso do segundo edificio, situado na rúa Constantino Limia Nogueira s/n, das 12 vivendas dispoñibles, 5 foron adxudicadas a menores de 36 anos.

Así o acordou a Comisión Provincial de Vivenda da Coruña, que deu conta da selección dos adxudicatarios definitivos destas vivendas, tras sorteo público que se celebrou o pasado 16 de maio entre os demandantes inscritos no Rexistro de Demandantes de Vivenda de Galicia, para o concello de Santiago como concello preferente, e que presentaron uns ingresos por unidade familiar entre 0,7 e 3 veces o IPREM.

Analizados os expedientes das credenciais dos elixidos neste sorteo, a Comisión Provincial de Vivenda da Coruña, deu conta desta listaxe dos beneficiario definitivos, que está publicada nos taboleiros de anuncios do Concello de Santiago e do IGVS así como na web deste organismo.

Os contratos de alugueiro terán unha vixencia inicial de 7 anos, e poderán ser prorrogados.

Fonte.- Xunta de Galicia