A Xunta avalía co Sabadell Gallego liñas de cooperación para o financiamento de vivenda protexida, no marco da estratexia de desenvolvemento de solo residencial | Observatorio de Vivenda

A Xunta avalía co Sabadell Gallego liñas de cooperación para o financiamento de vivenda protexida, no marco da estratexia de desenvolvemento de solo residencial

A Xunta avalía co Sabadell Gallego liñas de cooperación para o financiamento de vivenda protexida, no marco da estratexia de desenvolvemento de solo residencial

A Xunta avaliou coa entidade do Sabadell Gallego liñas de cooperación para o financiamento de vivenda protexida, no marco da Estratexia de desenvolvemento de solo residencial impulsada polo Goberno galego. A conselleira de Vivenda e Planificación de Infraestruturas, María Martínez Allegue, xunto co secretario xeral de Vivenda e Urbanismo, Heriberto García Porto, mantivo en San Caetano unha reunión de traballo cos directores de Inversión Inmobiliaria e de Sostenibilidad da entidade, Ricardo Rodríguez-Moreiras e Ignacio Rodríguez Taboada; respectivamente.

Neste eido, o departamento que dirixe M. Allegue continúa incentivando a estratexia para o desenvolvemento de solo residencial para o impulso de 25.000 vivendas na comunidade, das que 20.000 serán protexidas.

A Xunta segue traballando para abrir novas liñas de colaboración coa entidade bancaria, coa que este mesmo mes de xullo, selou un convenio para o financiamento da promoción de vivenda pública. Un acordo, neste caso,  que se enmarca no compromiso da Xunta para duplicar nesta lexislatura o parque público residencial, tendo xa en marcha 4.000 vivendas en distintas fases de execución.

Fonte.- Xunta de Galicia