A Xunta convoca as axudas do Bono de Alugueiro Social para garantir que unhas 800 familias poidan manter a súa vivenda en 2021

A Xunta convoca as axudas do Bono de Alugueiro Social para garantir que unhas 800 familias poidan manter a súa vivenda en 2021

Xa se poden solicitarse as axudas do Bono de Alugueiro Social, un programa autonómico que xestiona e concede desde o ano 2015 a Consellería de Medio Ambiente, Territorio e Vivenda a través do Instituto Galego da Vivenda e Solo (IGVS) co fin de facilitar o acceso e o mantemento dunha vivenda en réxime de aluguer a aqueles colectivos con maiores dificultades económicas.

A nova convocatoria destas subvencións permanecerá aberta ata o próximo 10 de decembro e está dotada con 1,5 millóns de euros para o período 2021-2025, a razón de 300.000 euros por ano, fondos cos que o IGVS estima que poderá subvencionar ao longo de todo o 2021 o alugueiro de preto de 800 familias galegas con recursos económicos limitados. 

Concretamente, os bonos terán unha contía de 225, 200 ou 175 euros ao mes, equivalentes ao 50 por cento da renda mensual máxima da vivenda alugada segundo a localidade na que estea. Así, nas sete cidades o alugueiro non poderá superar os 450 euros mensuais, en concellos de tamaño medio o límite será de 400 euros, e no resto, de 350 euros.

A maiores, o Bono de Alugueiro Social tamén prevé a concesión dunha axuda adicional de 600 euros para cubrir os gastos de formalización dun novo contrato de alugueiro ou, no caso de que o beneficiario permaneza na mesma vivenda, para atender débedas subsistentes.

Fonte | Xunta de Galicia