A Xunta de Galicia abre unha nova convocatoria de axudas á rehabilitación e mellora de vivendas de promoción pública por 1 millón de euros | Observatorio de Vivenda

A Xunta de Galicia abre unha nova convocatoria de axudas á rehabilitación e mellora de vivendas de promoción pública por 1 millón de euros

A Xunta de Galicia abre unha nova convocatoria de axudas á rehabilitación e mellora de vivendas de promoción pública por 1 millón de euros

A Xunta de Galicia destinará un orzamento de 1 millón de euros para sufragar actuacións de rehabilitación e mellora de vivendas de promoción pública (VPP), segundo se recolle na resolución da Consellería de Medio Ambiente, Territorio e Vivenda publicada no Diario Oficial de Galicia, pola que se establecen as bases reguladoras desta liña de axudas dirixida ás comunidades de propietarios de vivendas protexidas promovidas polo Instituto Galego da Vivenda e Solo.

As VPP que poderán acollerse a estes incentivos son aquelas sometidas a réxime de protección con mais de dez anos de antigüidade e aquelas nas que o devandito réxime se extinguira nos tres anos anteriores á data de finalización do prazo de presentación de solicitudes desta convocatoria.

Así, as comunidades de veciños poderán solicitar axudas para actuacións que deberán axustarse á normativa técnica aplicable vixente no momento da súa execución, polas que recibirán unha subvención do 60% do custo, cun máximo de 6.000 euros por vivenda, un 20% máis respecto da convocatoria de 2021.

O prazo de presentación de solicitudes é dende o 3 de xaneiro ata o 4 de abril de 2022.

Fonte | Xunta de Galicia