A Xunta de Galicia adxudica a obra de construción de 17 vivendas de promoción pública, en Lalín | Observatorio de Vivenda

A Xunta de Galicia adxudica a obra de construción de 17 vivendas de promoción pública, en Lalín

A Xunta de Galicia adxudica a obra de construción de 17 vivendas de promoción pública, en Lalín

O consello de administración da Sociedade de Vivenda Pública de Galicia (Vipugal) autorizou a adxudicación do contrato para a construción de 17 vivendas de promoción pública nunha parcela do Vial 1, cedida de balde polo Concello de Lalín. A conselleira de Vivenda e Planificación de Infraestruturas, María M. Allegue, xunto co secretario xeral de Vivenda e Urbanismo, Heriberto G. Porto, presidiu a reunión do consello de administración de Vipugal.

Será a empresa Proyecon Galicia, S.A. a encargada da construción das vivendas, segundo o proxecto redactado por Germán Gómez Crespo.

O contrato para a execución das obras licitouse por importe de 3.278.227,07 euros e adxudícase por 3.088.885 euros.

As vivendas distribuiranse da seguinte maneira, en función do número de dormitorios:

NÚMERO DORMITORIOS

NÚMERO DE VIVENDAS

SUPERFICIE UTIL m2

2

10

66,26 A 69,14

3

5

87,50 A 90,13

3 (adaptada para mobilidade reducida)

1

99,06

4 dormitorios

1

108.32

TOTAL

17

 

 

Fonte.- Xunta de Galicia