A Xunta delimita As Raposeiras (Marín) para levantar unhas 400 vivendas protexidas | Observatorio de Vivenda

A Xunta delimita As Raposeiras (Marín) para levantar unhas 400 vivendas protexidas

A Xunta delimita As Raposeiras (Marín) para levantar unhas 400 vivendas protexidas

A Xunta aprobou a delimitación do solo de As Raposeiras, en Marín, para habilitar terreos nos que se prevé construír arredor de 400 vivendas, na súa maior parte protexidas. O acordo, publicado no Diario Oficial de Galicia, xustifica a actuación pola “forte demanda social” de vivenda en Marín e nos concellos limítrofes: máis de 220 solicitantes na contorna (78 en Marín, 82 en Cangas, 36 en Moaña, 24 en Bueu e 8 en Vilaboa), sen contar as 1.535 familias inscritas en Pontevedra.

A medida enmárcase na Estratexia de Solo Residencial impulsada pola Xunta, pensada para facilitar parcelas destinadas á edificación de 25.000 vivendas en toda Galicia (20.000 protexidas e 5.000 de promoción pública). Deste xeito, Marín súmase a outros concellos que buscan responder á demanda habitacional mediante o desenvolvemento de solo residencial con predominio da vivenda protexida, e a conselleira María Martínez Allegue avanzou que se licitará proximamente a redacción do Proxecto de Interese Autonómico.