A Xunta desenvolverá solo residencial en Saíñas, en Cangas de Morrazo, para construír 300 vivendas públicas, todas protexidas | Observatorio de Vivenda

A Xunta desenvolverá solo residencial en Saíñas, en Cangas de Morrazo, para construír 300 vivendas públicas, todas protexidas

A Xunta desenvolverá solo residencial en Saíñas, en Cangas de Morrazo, para construír 300 vivendas públicas, todas protexidas

A Xunta desenvolverá solo residencial en Saíñas, en Cangas de Morrazo, onde poder construír 300 vivendas, todas protexidas.

A conselleira de Vivenda e Planificación de Infraestruturas, María Martínez Allegue, xunto co secretario xeral de Vivenda e Urbanismo, Heriberto García Porto; e o director territorial da Consellería en Pontevedra, José Manuel González, mantivo hoxe unha reunión coa alcaldesa, Araceli Gestido, na que abordaron o ámbito para impulsar solo.

Concretamente, este ámbito de 75.000 metros cadrados, atópase delimitado pola avenida de Cornilló e pola avenida de Ourense, dous viarios de conexión de Cangas co resto da comarca do Morrazo.

Para avanzar cara o obxectivo de desenvolver solo neste ámbito, tramitarase un Proxecto de Interese Autonómico (PIA). Cómpre recordar que xa están en tramitación 12 PIAs noutros concellos.

Estes proxectos enmárcanse na Estratexia Galega de Solo Residencial que ten en marcha a Xunta, co obxectivo de desenvolver solo no que facilitar a construción de 25.000 vivendas en Galicia, 20.000 protexidas e 5.000 libres.

Fonte.- Xunta de Galicia